domingo, 1 de abril de 2012

Non aprendemos

Leer en castellano

Arde Galicia. Coma tantas outras veces... ou non. Nesta ocasión é máis dramático se cabe: vese afectado un dos paraísos galegos, as Fragas do Eume, e a estas horas o alcalde do concello de A Capela calcula que xa se teñen queimado arredor de 2.000 hectáreas na zona. Onte comezaba a compararse xa esta traxedia coa catástrofe do Prestige, no ano 2002. Non só polas súas consecuencias, tamén -aínda que probablemente esas críticas comezasen de xeito algo prematuro- pola súa xestión política.


Incencio en las Fragas do Eume en abril 2012
Imaxe tomada onte do incendio, que segue activo. (Fonte: lavozdegalicia.es)

A min chamoume poderosamente a atención que, sen apenas informar sobre o que estaba acontecendo, o PPdG se dedicase a responder nun ton de patio de colexio ás -insisto, probablemente precipitadas, non necesariamente infundadas- críticas do BNG:


Tuit del PPdG Fragas do Eume - Rifirrafe con BNG
Tuit do PPdG onte á noite

Tamén me sorprendeu que nas notas de prensa de información sobre incendios á web da Xunta -onde, por certo, nestes intres hai catro notas posteriores doutros temas e, en consecuencia, ningunha sobre o incendio en portada- subidas onte non se menciona en ningún momento ás Fragas do Eume pese a facer referencia ao incencio que as está a prexudicar -falan unicamente de "o incendio de A Capela"-. Tampouco no seu Twitter. ¿Casualidade? Moita me parece.


Páxina web da Xunta de Galicia - Incencio Fragas do Eume
O incendio non é actualidade nestes intres, hai varias
 notas intrascendentes que o desprazan da portada da web.

Informativamente, non faltaron ás críticas á televisión pública galega, que apenas dedicou uns instantes ao incendio para logo continuar coa información prevista. No que vai de mañá, nada. Na prensa nacional, ningún espazo reservado a unha traxedia de dimensións que aínda están por ver en portadas acaparadas polo fútbol e os cen primeiros días de Rajoy. Mesmo La Voz de Galicia, aínda que dedica foto á traxedia, abre con que o goberno non aplicará ningunha pena aos que declaren diñeiro negro.


Espacio natural de las Fragas do Eume
As Fragas do Eume (Fonte: turgalicia.es).
Fálase de falta de medios, de tardanza, imprevisión, falta de información... Parece que non aprendemos moito malia os antecedentes. Ningún pronunciamento ata o momento por parte do presidente da Xunta -aínda que xa sabemos que anulou a súa presenza nunha festa gastronómica e que fará acto de presenza en breve-, que para colmo, pode estar ben agradecido a ABC, que publica hoxe unha entrevista na que  Feijoo afirma: "Un político está contento si libra un domingo al mes". Pois seica hoxe non toca, Alberto...

No hay comentarios:

Publicar un comentario