miércoles, 29 de febrero de 2012

Sabia nova

Na entrada anterior falaba do peche dun medio, e non era a primeira vez, pois está claro que se trata dunha tendencia que medra nos últimos tempos. Por iso, ante un panorama tan desolador para o xornalismo, cómpre destacar tamén o nacemento de novas iniciativas, galegas neste caso, que se resisten a caer na resignación, unha actitude a súa da que todos deberamos aprender.

Así, hoxe, nese día estraño que só aparece no calendario unha vez cada catro anos e que é o escollido precisamente para lembrar a aqueles que sofren as chamadas "doenzas raras", pasou algo igualmente insólito: a posta en marcha dun novo medio dixital en lingua galega: Dioivo. Ou non tan insólito, pois recentemente botou a andar tamén outro medio en liña: Praza Pública.

Son mostras de ganas, empeño e esforzo por asumir un dobre reto: xornalismo e, a maiores, xornalismo nunha lingua que corre perigo e á que moitos dan as costas. Agora só falta confiar en que a demanda estea á altura.

1 comentario:

  1. Pero a outra tendencia segue...: http://galiciaconfidencial.com/nova/9823.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter

    ResponderEliminar