Leer en español
Hoxe é o Día das Letras Galegas. Un día no que, tradicionalmente, os principais xornais de Galicia publican -no que supón unha auténtica excepción- as súas primeiras na lingua propia da comunidade. Un día no que todo o mundo -ou case- reivindica a lingua aínda que nunca a fale, aínda que no fondo a rexeite.

Pegatina promocional do galego do IES -daquela IFP- de Teis (Vigo) nos anos 90. |
Eu teño o castelán como primeira lingua; quen me coñece, sábeo. Foi, maioritariamente, na que me educaron. É a primeira que me sae. Pero estou orgullosa, como digo sempre, de ter escoitado, estudado, aprendido e poder falar e escribir -gústame facelo aquí tamén ás veces- en galego. Non é a miña primeira lingua, repito, pero si que a considerei sempre, tamén, a miña lingua.
Manifestación en defensa do galego no ensino en xaneiro de 2010. |
Pero boa parte disto xa o dixen aquí hai tempo, por iso, como non me gusta o de "unha vez ao ano", prefiro recuperar outro texto escrito por min mesma meses atrás e que explica o que penso sobre este tema, hoxe e tamén outro día calquera:
http://palabrasapunto.blogspot.com.es/2011/09/unha-lingua-un-privilexio.html
http://palabrasapunto.blogspot.com.es/2011/09/unha-lingua-un-privilexio.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario