jueves, 3 de mayo de 2012

Sen xornalistas non hai democracia


Hoxe, Día Mundial da Liberdade de Prensa, había convocadas concentracións de xornalistas en 43 cidades españolas. Como non podo dicir nada que non teña dito xa aquí, remítome ao lema destes actos: "Sen xornalistas, non hai xornalismo; sen xornalismo, non hai democracia". Pode semellar unha evidencia, ou para algúns, pola contra, mesmo unha esaxeración. A min paréceme unha frase moi acertada que nos debera facer reflexionar a todos.

Sin periodistas, no hay periodismo; sin periodismo, no hay democracia
Concentración de xornalistas, esta mañá en Vigo.



Sin periodistas, no hay periodismo; sin periodismo, no hay democraciaSin periodistas, no hay periodismo; sin periodismo, no hay democracia


Cando estudaba na Facultade de Xornalismo de Santiago, o 3 de maio era aquel día festivo que, segundo como cadrase, podía significar ata unha semana de vacacións unido ao Día do Traballo, ás negociacións con algúns profesores e a faltar a algunha clase se non quedaba outro remedio. Hoxe somos moitos os xornalistas que temos vacacións demasiado longas. Non é que daquela non houbese nada que reivindicar -non hai tanto tempo tampouco- pero si está claro que as cousas non deixan de ir a peor.

Santiago Domínguez, Iolanda VelosoSin periodistas, no hay periodismo; sin periodismo, no hay democracia
Santiago Domínguez e Iolanda Veloso, do BNG (esquerda) 
e a directiva da Asociación da Prensa de Vigo (dereita), durante 
o acto con motivo do Día Mundial da Liberdade de Prensa.

Esta mañá estiven no meu terceiro acto reivindicativo en cinco días. En todos como cidadá e como desempregada; no de hoxe, ademais do anterior, coma xornalista. Criticaba Esperanza Aguirre esta fin de semana o que definiu como "la algarada y la bronca callejera". Quizais é que hai algo, por non dicir todo, que non vai ben e nos preocupa. Ou quizais é simplemente que nos aburrimos na casa (que, en realidade, no meu caso, tamén, para que negalo).

No hay comentarios:

Publicar un comentario