Leer en castellano
Hoxe, con motivo do Día de Galicia, quero facer un repaso por algúns temas musicais galegos en forma de homenaxe. Faltarán moitos, seguro, pero estes son os que máis coñezo e lembro:
Hoxe, con motivo do Día de Galicia, quero facer un repaso por algúns temas musicais galegos en forma de homenaxe. Faltarán moitos, seguro, pero estes son os que máis coñezo e lembro:
-Quen puidera namorala. Luis Emilio Batallán puxo música a este poema de Álvaro Cunqueiro no seu traballo Ahi ven o maio e existen varias versións posteriores. Se teño que elixir unha canción galega, eu quedo con esta:
A versión orixinal de Luis Emilio Batallán data de 1975.
dirixido por Ignacio Vilar e protagonizado por
Tamara Canosa, Rubén Riós e Rubén Porto.
Xoel López gravou este tema en 2009 para a campaña electoral
Esta canción é habitual no repertorio de Milladoiro.
Neste vídeo, hai hoxe cinco anos, interpretábano
coa voz de Laura Amado
no acto do Día de Galicia 2007.
tamén se atreveu con Quen puidera namorala.
-Anduriña. É un dos temas galegos máis coñecidos. Juan Pardo chegou a gravalo a dúo con Joan Manuel Serrat na que é a única ocasión na que o prestixioso artista catalán cantou en lingua galega:
Pardo e Serrat gravaron este dúo no ano 1997.
Incluíuse no álbum Alma galega do primeiro.
-O son do ar. Luar na Lubre é, sen dúbida, un dos grupos que levou a música galega por todo mundo. Un exemplo claro é o seu O son do ar, instrumental, así como temas como Chove en Santiago que abraiaron na voz de Rosa Cedrón.
O son do ar é un dos grandes éxitos de Luar na Lubre.
Mike Oldfield versionou O Son do ar, o que deu ao
tema un grande alcance internacional.
Chove en Santiago é outro dos seus éxitos máis recoñecibles.
Neste vídeo, Sara Vidal -que foi a vocalista do grupo
en substitución de Rosa Cedrón desde 2004
e ata a chegada da actual, Paula Rey, en 2011-
interprétao xunto con Ismael Serrano.
-Negra sombra, Camariñas. Dous temas que xunto porque ambos foron interpretados por Luz Casal e que supoñen dúas composicións imprescindibles da música galega.
Luz Casal e Carlos Núñez poñen voz e música
ao poema de Rosalía de Castro.
As impresionantes voces de Luz Casal e Rosa Cedrón
-que interpretou esta canción durante anos con Luar na Lubre-,
xuntas cantando Camariñas en Luar en febreiro de 2011.
-Carlos Núñez. Outro dos máximos expoñentes da música galega a nivel internacional. Quedo cun dos dous temas gravados nos que ás melodías interpretadas polo virtuoso gaiteiro uníase a voz da portuguesa Arabela e coa Muiñeira de Chantada -que non podía faltar aquí sendo a que escribe quen é- interpretada xunto con The Chieftains.
Arabela gravou O pozo de Arán xunto a Núñez no ano 2000,
e tamén Nana de lluvia, ambos incluídos
no seu exitoso traballo Mayo Longo.
Carlos Núñez e The Chieftains interpretan a Muiñeira
de Chantada, considerada unha das máis fermosas.
Debaixo, a cargo de Susana Seivane.
-Miña terra galega. Convertida en todo un himno, esta canción é un dos grandes éxitos dos vigueses Siniestro Total. Foi composta polo seu líder, Julián Hernández.
Miña terra galega, versión de Seweet Home Alabama,
é un dos temas de Menos mal que nos queda Portugal,
editado en 1984.
-Galicia Caníbal. Que galego non cantou nunca aquilo de "Fai un sol de carallo..."? Os responsables son Os Resentidos, grupo que liderou Antón Reixa nos 80.
Galicia Caníbal publicouse en 1986 no segundo disco
de Os Resentidos -tralo seu debut, Vigo, capital Lisboa-,
Fai un sol de carallo.
-O tren. O tema máis popular de Andrés do Barro conseguiu ser número un a nivel estatal, converténdose nun éxito rotundo. O cantante chegou a protagonizar unha película á que lle puxo banda sonora: San Antón.
Pese a lanzalo durante a época franquista, que este tema
estivese interpretado en lingua galega non
foi impedimento para o seu éxito.
Concha Velasco compartiu cartel con Andrés do Barro no filme
La red de mi canción (1971), de cuxa banda sonora formaban parte
San Antón e Teño saudade (debaixo).
-Xabarín Club. Mención aparte para a xente da miña xeración merecen os temas musicais do Xabarín Club, interpretados polos principais grupos galegos da década dos 90. Estes son algúns deles:
Non todo é o que parece, Aerolíneas Federales.
Pero que jallo é, Heredeiros da Crus.
Estou na lavadora, O caimán do río Tea.
¿Onde vas, rapaz?, Siniestro Total.
Eu o que quero é xamón, Miguel Costas
(Siniestro Total) e Aerolíneas Federales.
Íscalle Lura, Heredeiros da Crus.
Xabarín, xa te vin, Yellow Pixoliñas.
Carmiña Vacaloura, Ángel Muñuz Alonso,
Maestro Reverendo.
Fin de semana, Los Recienes.
Telexornal, Yellow Pixoliñas.
Somos do clube.
Sintonía de peche.
-Máis televisivos. Entre as sintonías das series galegas cómpre destacar as de Mareas Vivas (1998-2002) e Padre Casares (en emisión desde 2008).
O Pirimpimpín, de Malvela, adaptouse para a serie protagonizada
orixinalmente por Pedro Alonso e na actualidade
por Xaquín Domínguez. Debaixo, a versión orixinal.
Mareas Vivas, tema central da serie do mesmo nome,
está interpretada por Mercedes Peón.
Sintonía de apertura de Dragon Ball Z.
Aquí, a de Dragon Ball GT.
-Celta. Agora toca repasar algunhas cancións directa ou indirectamente vencelladas ao meu equipo, o Real Club Celta de Vigo:
Himno oficial do Real Club Celta de Vigo,
escrito nos anos 70.
A Rianxeira, canción tradicional galega, é entoada
habitualmente nas celebracións do equipo vigués.
A Foliada do Celta é o tema dedicado
ao conxunto celeste polo grupo A Roda que, liderado
por Fito Domínguez, tamén é intérprete habitual
doutro tema que soa a cotío en Balaídos, o Miudiño.
Baixo o título de 1923 (ano de fundación do clube),
Keltoi compuxo este tema,
un dos novos himnos da afección, en 2010.
-E, para rematar, o Himno Galego, Os Pinos (texto de Eduardo Pondal e música de Pascual Veiga).
Faltan Los limones/Os limóns/The lemons
ResponderEliminarhttp://youtu.be/K3-_km5gxRQ
Neste día de festa diríxome a todos os galegos para animalos a festexar e "troulear" (que dirían na Coruña), iso si, con sentidiño.
En este día de fiesta diríjome a todos los gallegos para animarlos a festejar y trolear (que dirían en La Coruña), eso sí, con sentidito.
Have a nice Galicia day. Party rachada with little sense.
Jeje, pero que eu saiba o señor presidente chámase Alberto, non Alberte :P
ResponderEliminar