domingo, 8 de julio de 2012

Cidade da Cultura, Cidade do baleiro

Leer en castellano

Moito se ten falado da Cidade da Cultura de Galicia, no compostelán monte Gaiás. Xa está case todo dito -de especial interese, na miña opinión, isto-, pero por máis que así sexa, impresiona estar alí e velo en primeira persoa, cousa que fixen por primeira vez esta fin de semana. Era sábado e era xullo, pleno verán, época de vacacións e turismo, algo que indubidablemente se deixa notar nunha cidade como Santiago de Compostela. Sen embargo, alí o número de visitantes preto do mediodía contábase case cos dedos das mans.


Cidade da Cultura, Gaíás, Santiago de CompostelaCidade da Cultura, Gaíás, Santiago de Compostela
Distintas imaxes do exterior da Cidade da Cultura.

Cidade da Cultura, Gaíás, Santiago de CompostelaCidade da Cultura, Gaíás, Santiago de Compostela


Impresiona ver -tras percorrer a avenida Manuel Fraga Iribarne, artífice do proxecto- uns edificios atractivos por dentro e por fóra -aínda que iso vaia por gustos- formando un conxunto que podería, por que non, ser un lugar de visita obrigada -véxase a Ciutat de les Arts e les Ciències de Valencia, aínda que non sexa tampouco o mellor modelo-. Pero tamén impresiona ver aquelo baleiro, as maquetas dos edificios que quedan por construír, obras que seguen paradas e montóns de estantes sen libro ningún. 


Cidade da Cultura, Gaíás, Santiago de CompostelaCidade da Cultura, Gaíás, Santiago de Compostela
Estanterías baleiras no interior da Cidade da Cultura.

Cidade da Cultura, Gaíás, Santiago de CompostelaCidade da Cultura, Gaíás, Santiago de Compostela, obras
Obras inacabadas.

Cidade da Cultura, Gaíás, Santiago de Compostela, maquetasCidade da Cultura, Gaíás, Santiago de Compostela, maquetas
Maquetas de edificios que aínda non foron construídos.


Na entrada hai unha escultura feita con libros, e en moitos deles lense mensaxes deixadas polos visitantes. Fóiseme a vista a un: "Qué vergüenza que despidan a médicos, maestros e investigadores para esto". Pode parecer disparatada esa afirmación... Ou quizais non tanto.


Cidade da Cultura, Gaíás, Santiago de Compostela, pintadas
Detalle dunha inscrición nun libro dos que compoñen
 a obra que se aprecia ao completo debaixo.
Cidade da Cultura, Gaíás, Santiago de Compostela

No hay comentarios:

Publicar un comentario