Para non ser menos que o resto do mundo e ante a dificultade para resultar orixinal nunhas datas coma estas, escribo hoxe unhas liñas para desexar bo Nadal e felices festas en xeral a todos os que algunha vez vos pasades ou vos pasastes por aquí. Son días, en teoría, para pasar en familia, facer regalos, comer moito, ser máis bos e xenerosos que nunca e lembrarnos máis que de costume dos que xa non están. Convencións e tradicións das que, gustándonos máis ou menos, case todos participamos.
Isto é un pouco coma o que escribía hai uns días sobre os martes e trece, pero ao revés. Se naquel caso opinaba que moitos asinariamos para que as desgrazas se concentrasen neses días que para algúns atraen os infortunios, as bondades do Nadal ben podían estar máis presentes ao longo do ano. Igual que eses propósitos que facemos cando comeza un novo período de 365 días e que tantas veces quedan niso. De calquera maneira, o bo que poidamos sacar destes días, benvido sexa, así que ¡felices festas para todos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario