Dixéranme que
Allariz era un paraíso. Á marxe dunha paisaxe espectacular e un entorno moi
agradable –que xa tivera ocasión de coñecer antes-, para min resultou unha
inmellorable carta de presentación que ao preguntar por un sitio onde conectarme
a Internet ao pouco de chegar, a parella á que me dirixira, ademais de
indicarme varias posibilidades con todo
detalle, me insistise para que empregase a súa conexión. Semella unha
anécdota sen importancia, unha parvada, pero foi algo que me chamou tanto a
atención por difícil de producirse no contexto de cidade no que habitualmente
me movo, que llo contei a todo o mundo coma algo extraordinario,
extraordinariamente positivo. E, polo que levo visto, non era unha excepción.
Vista do municipio ourensán Allariz. |
Porque tamén dá
gusto ir a cafeterías onde o segundo día xa se lembran de ti, onde o trato é de
total familiaridade e amabilidade xa desde o primeiro –os seguintes aínda máis-
e pasear por rúas nas que todo o mundo se coñece e saúda e nas que o galego, falado por
todos, incluídos nenos moi cativos, percíbese coma unha lingua viva de verdade. Non é
nada que non se saiba, tampouco exclusivo deste pobo, por suposto, e nin
sequera novo para min –vénme á cabeza inevitablemente a miña vila
materna, Chantada, similar nalgúns destes aspectos-, pero si cousas cada vez máis extraordinarias,
en perigo de extinción, das que xa case non quedan. Cousas que se agradecen.
Tu Chantada querida que no sacas a relucir nunca... eeeeeh? jajaja
ResponderEliminarChantada, corazón de Galicia, claro que sí!! :)
ResponderEliminar