lunes, 8 de octubre de 2012

A Galicia do PP: "manda carallo, botafumeiro"

Limítome hoxe a deixarvos este vídeo da canción de campaña do PPdG, Veña Galicia, interpretada por Los Limones -grupo no que xa confiara o partido no 2009, cando xa prometían con frases coma "Chegou o momento / Galicia, no peito, nos feitos, nos beizos"- e, debaixo, a transcrición da letra. A partir de aí, que cada un xulgue...





Veña Galicia/ Esa ledicia / Veña Galicia / Boas noticias
Veña Galicia  / Unha delicia/ Remata o que inicias
Veña Galicia, ti es a ledicia / Déstesmas vós, as boas noticias
Veñas Galicia, é unha ledicia / Rematar o que inicias
Veña Galicia, choven caricias / Choven do Carmen, choven de Iria
Veña, Galicia, celta, Patricia / Galicia beneficia
Veña Galicia, ti es quen oficia / que as miñas bágoas tornen risa
Veña Galicia, temos pericia / Non fai falta malicia
Debaixo do mar, a rentes do chan / No cume quéroche cantar
A Coruña, Lugo Ourense e Pontevedra / Vivan todas as fillas da miña terra
Veña Galicia, medra que medra / Beleza meniña, beleza de vella
A Coruña, Lugo Ourense e Pontevedra / Vivan todas as fillas da miña terra
Veña Galicia, medra que medra / Beleza de terra, beleza galega
Veña Galicia dos mariñeiros / Labregos, obreiros, a dos diñeiros
Veña Galicia, dos cabaleiros / As galegas primeiro
Veña Galicia, no mundo enteiro / Manda carallo, botafumeiro
Veña Galicia, saúde e Ribeiro / Os galegos primeiro
Veña Galicia, pobo festeiro / Mozas e mozos, gaita e pandeiro
Veña Galicia, amor e loureiros / E Galicia primeiro
Debaixo do mar, a rentes do chan / No cume quéroche cantar
A Coruña, Lugo Ourense e Pontevedra / Vivan todas as fillas da miña terra (bisx3)
Veña Galicia, ti es o vieiro / por riba de todo, Galicia primeiro (bis x3)
Por riba de todo, Galicia primeiro (x3)


Canción de Los Limones, campaña electoral PP 2012
Un momento do vídeo.


* Entrevista ao líder do grupo, Santi Santos, publicada en El Confidencial e onde explica como xurdiu a posibilidade de compoñer esta canción e como foi o proceso. Comenta que a idea era "que dese subidón" e confesa que ao PP lle gustou moito. Ademais, non agacha as súas simpatías cara aos populares malia que aceptaría encomendas de calquera outra formación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario