viernes, 17 de mayo de 2013

Tele e Letras

Hoxe, Día das Letras Galegas, vouno celebrar do meu xeito particular. Neste blog hai uns cantos posts sobre as series americanas e españolas das últimas dúas décadas. Sen embargo, aínda non destinara espazo ás ficcións televisivas galegas, así que aproveito esta data para lembrar Mareas Vivas, unha produción que marcou un fito na ficción galega, que contribuíu á normalización da lingua (especialmente dos fenómenos da gheada e o seseo) e na que, ademais, chegou a intervir o persoeiro ao que este ano se lle homenaxea na festividade das Letras: Roberto Vidal Bolaño (parte final do post).



TVG emitiu a serie Mareas Vivas entre 1998 e 2002
Mareas Vivas emitiuse na Televisión de Galicia entre 1998 e 2002 (150 episodios) e supuxo un grande éxito, acadando
cotas de pantalla de ata o 50% e plantando cara mesmo aos inicios de Operación Triunfo. Nela participaron
moitos dos que hoxe son os principais actores do audiovisual galego e algúns dos cales acadaron
recoñecemento tamén fóra da comunidade. Foi creada por Antón Reixa e producida por Voz Audiovisual.

Sonia Caselo, Luis Tosar, Isabel Blanco, Miguel de Lira, Mela Casal, Carlos Blanco, Sonia Casteo, Luis Zahera, Tuto Vázquez, Pico, María Louro, Manuel Lourenzo, mela Casal, Rebeca Montero, Martiño Rivas


Blanco e Tosar eran os protagonistas nos inicios de Mareas Vivas
Se hai un rostro coñecido desta serie é Luis Tosar, protagonista das primeiras
tempadas xunto con Isabel Blanco. Eran María, viúva dun mariñeiro desaparecido nun
naufraxio (despois divorciada, pois el resultou estar vivo), e Andrés, un home de cidade que
rexeitaba unha grande oportunidade laboral para traballar no xulgado da vila ficticia
de Portozás, onde se desenvolvían todas as tramas da produción.

Tosar, gañador de varios Goyas, protagonizou éxitos como Los Lunes al sol,
Te doy mis ojos ou Celda 211 e converteuse nun dos referentes da interpretación en España.
Na traxectoria de Blanco, centrada en Galicia, destaca Un franco, catorce pesetas, 
cuxa segunda parte ¿Dónde está el franco? -ambas dirixidas por Carlos
Iglesias
- está en fase de posprodución actualmente.


Zahera e Bossa interpretaban a Petróleo e Belinda en Mareas Vivas
Co tempo, trala marcha de Tosar, os protagonistas pasaron a ser Luis Zahera
e Camila Bossa como Petróleo e Belinda. El, que estivo de principio a fin da serie, era dono
do bar da confraría e antigo mariñeiro e ela, que se incorporou máis tarde ao reparto, unha
prostituta colombiana coa que acababa casando e tendo unha nena, Carmiña.
El rematou por ser alcalde do municipio cando Celia aceptou un cargo na Xunta.

Zahera tamén adquiriu relevancia a nivel nacional con papeis na serie Sin tetas no hay paraíso
ou na película Celda 211, ademais de participar en multitude de proxectos de ámbito galego igual que
 Bossa. Recemente protagonizaron xuntos a curta Conversa cunha muller morta, de Sonia Méndez.


Currás, Pitusa, Ladislao e Taracido en Mareas Vivas
O percebeiro furtivo Evaristo Currás (Miguel de Lira) foi un dos personaxes máis queridos e representativos
 de Mareas Vivas e popularizou frases como "Me caghi na Mari Lus" ou "Ai, que me desestabiliso coa risa". Caracterizábase pola súa rivalidade con Francisco Taracido (Víctor Mosqueira), outro furtivo, e acabou morrendo cando intentaba salvarlle a vida a el (imaxe arriba dereita). Tivo unha particular relación sentimental coa secretaria do xulgado, Pitusa, encarnada por Ana Santos e outra de amizade, tamén peculiar, con Ladislao Couto (Carlos Blanco), fillo do cacique do pobo,  Ramón Couto (Tuto Vázquez). Este, viuvo e pai doutra filla, Paula (María Louro), tiña un vencello de amor-odio coa alcaldesa e traballadora da lonxa da vila Celia (Mela Casal), antigo amor de xuventude
(imaxes de debaixo). Todos eles son actores con importantes traxectorias en Galicia que se poden
consultar premendo nas ligazóns dos seus nomes.

Vázquez e Casal eran Ramón Couto e Celia Rei en Mareas Vivas
Mela Casal (Celia) segue a ser unha actriz habitual nas producións audiovisuais
galegas. Tamén o foi Tuto Vázquez (Couto) ata que lle sobreveu a enfermidade
 que lle custou a vida en 2010.


Os xuíces de Portozás na serie galega Mareas Vivas
En substitución do personaxe de Luis Tosar, ocuparon o despacho do xuíz
de Portozás primeiro Evaristo Calvo (Carlos) e despois, aínda que el seguiu na serie
ata a súa conclusión, Patricia Vázquez (Sabela), desde hai anos no reparto de Padre Casares.

Calvo forma con Mosqueira (Taracido) o grupo cómico Mofa e Befa
desde moito antes de coincidir ambos en Mareas Vivas.


Romay, Aufiero e Canosa eran os nenos de Mareas Vivas, Fito, Laura e Iria
Os nenos -logo medraron- do inicio da serie eran Santi Romay (Fito) e Patricia F. Aufiero (Iria, a filla de María).
Despois incorporouse Tamara Canosa (Laura), que sería moza de Fito. Ámbolos dous continúan traballando
como actores, el estivo en Matalobos e na carreira dela destaca o seu protagonista na película Pradolongo.

Tamén estaban Adrián Búa (Lois), retirado coma Aufiero, e máis a agora arquicoñecido Martiño Rivas,
que durante uns poucos capítulos foi Dani (debaixo)un rapaz que Andrés tiña en acollida
e do que despois non se volvía saber nada.



Martiño Rivas foi Dani en Mareas VivasMartín Rivas en Mareas Vivas como Dani
Martiño Rivas, no papel de Dani na serie Mareas Vivas da TVG.


Isabel Naveira, Nacho Castaño, Xurxo Souto, actores de Mareas Vivas
O elenco de mozos foi o que máis cambiou durante a serie e a maioría dos seus compoñentes estaban ligados coa
radio e logo coa televisión locais. Estivo durante todos os capítulos Xaquín Caamaño (Mangüi), mariñeiro e logo
mecánico, e, con idas e voltas, María Louro (Paula).  Tamén pasaron por Mareas Vivas Nacho Castaño (Chano),
Isabel Naveira (Ana), Xurxo Souto (Brais), Paula Sanmartín (Áurea) e Ronaldo Delgado (Ismael).

Castaño, irmán da tamén rubia (de pelo vermello) Cristina Castaño (Pratos combinados, Al salir de clase, La que se avecina), é un dos principais actores da dobraxe galega; Isabel Naveira foi unha das protagonistas das últimas etapas de Matalobos e Xurxo Souto (Os Diplomáticos de Monte-Alto) non precisa presentación. Foi unha experiencia televisiva illada para Delgado, Sanmartín e Caamaño, mentres que Louro participou noutros proxectos
coma o serial diario Valderrei (2007), pero non tivo demasiada continuidade.

Manuel Lourenzo era Melgacho na serie Mareas Vivas
Melgacho (Manuel Lourenzo) era o mariñeiro veterán, sabio e enigmático
ao que absolutamente todos os personaxes da serie (mesmo cando eran acabados
de chegar á vila) recorrían para pedir consello ante calquera problema. Sen
aparentemente dicir nada, sempre os comprendía e orientaba.

De Lourenzo cabe salientar unha traxectoria estreitamente
relacionada co teatro, como dramaturgo, actor e director.

Sonia Castelo, Olveira Pico, Eva Fernández, Uxía Blanco, Monti Castiñeiras, Alfonso Agra, Miro Magariños, Nuncy Valcárcel, Suso Lista
Tratábase dunha serie coral pola que pasaron tamén, por máis ou menos tempo
os seguintes actores: os médicos Berta (Sonia Castelo) e Anselmo (Alfonso Agra),
os mestres Florencio (Paco Campos), Xurxo (Monti Castiñeiras) e Áurea (Paula Sanmartín),
 os curas Don Amancio (Xosé Manuel Olveira, Pico) e Don Vicente (Miro Magariños),
 a caixeira Loli (Nuncy Valcárcel), os mariñeiros Suso (Suso Lista) e Rosa
(Eva Fernández) e mais Helena (Uxía Blanco) e Viriato (Xavier Estévez).


*Actualización 13/6/2013: Hoxe coñeceuse a noticia do falecemento de Xosé Manuel
Olveira Pico, ao que mencionaba aquí porque foi parte do elenco de Mareas Vivas.
Máis recordado aínda por Pratos combinados (como Pedro Barreiro), apareceu tamén
en Padre Casares, Matalobos e en multitude de películas e obras teatrais. Tamén lle lembro
 un episódico en Hospital Central e tiña pendente de estrea (segundo IMDb) a serie
El tiempo entre costuras, baseada no libro. DEP.


Pedro Barreiro en Pratos combinados, Fallece Pico




Gayoso, Ana Kiro, Antonio Pernas, Silvia Superestar, Budiño, en Mareas Vivas
Portozás recibiu, a modo de cameos, as visitas de Xosé Ramón
Gayoso
, Silvia Superestar, Xosé Manuel Budiño, Antonio Pernas

e a falecida Ana Kiro, entre outros. Como episódicos apareceron tamén
intérpretes galegos tan coñecidos como Antonio Mourelos, Gonzalo Uriarte,
Rosa Álvarez, Paco Lodeiro ou Pilar Pereira, nai de Camila Bossa na realidade
e que deu vida á nai de Belinda na ficción. Tamén fixo un episódico
Eduardo MacGregor
, pai do director da serie (falecido
en 2008 aos 45 anos
), Emilio MacGregor.
Carmen Avendaño e Arsenio Iglesias en Mareas Vivas




O personaxe de Víctor Mosqueira, Taracido, era afeccionado do Celta
A modo de extra, este momento co que din de casualidade
facendo capturas a azar para este post na web da Galega, onde
se poden ver online 117 dos 150 episodios da serie
. Recoñezo que

non lembraba ese detalle, pero tiña que deixar constancia de que
Taracido era seareiro do Celta, como o é fóra da ficción Carlos Blanco,
que aparece ao carón de Víctor Mosqueira nesta escena.

Imaxes de escenas de Mareas Vivas


Vídeo promocional de Voz Audiovisual.


Máis imaxes da serie galega Mareas Vivas




Vidal Bolaño foi Miguel Aguiar en varios episodios de Mareas Vivas
Roberto Vidal Bolaño (1950-2002) e este ano o homenaxeado no Día das Letras Galegas que se celebra cada
17 de maio, data na que se conmemora a publicación da obra Cantares Gallegos de Rosalía de Castro en Vigo en 1863.
Vidal Bolaño foi un home de teatro, destacando tanto na creación coma na interpretación. Precisamente,
como adiantaba ao principio desta entrada, tamén participou nalgúns capítulos de Mareas Vivas,
onde deu vida a Miguel Aguiar (nas imaxes), un personaxe relacionado coa trama
da reaparición do home de María, Suso Maroto (Marcos Viéitez).



O Día das Letras 2013 está dedicado a Roberto Vidal Bolaño


*Actualización: Membros do reparto e do equipo técnico reuníronse o pasado 20 de xullo de 2013 en Laxe para conmemorar o 15º aniversario do inicio da rodaxe e, de paso, para apoiar á vila en contra da mina de Corcodesto.

Reunión do reparto e equipo da serie de TVG, Portozás, Luis Tosar
Entre os presentes estiveron Luis Tosar, Isabel Blanco, Miguel
de Lira, Sonia Castelo, Ana Santos, Víctor Mosqueira, Monti Castiñeiras,
Tamara Canosa ou María Louro, ademais do creador da
produción, Antón Reixa, e membros do equipo técnico.
Foto: Mónica Ferreirós.
Víctor Mosqueira, Sonia Castelo, Isabel Blanco, Ana Santos, Luis Tosar, María Louro, Miguel de Lira, Antón Reixa





Reencuentro Mareas Vivas 2013
Luis Tosar, Patricia F. Aufiero e
Isabel Blanco, xuntos en 2013.
Fonte: Instagram.


Relacionado:
-Galicia de cine (posts sobre películas galegas).
-Con ritmo galego (post sobre cancións galegas).

6 comentarios:

  1. Series parecidas en Telemadrid ahora mismo no recuerdo ninguna de ese estilo porque han durado un suspiro,aunque medianamente interesante hubo una sobre la Guerra de la Independencia (Dos de Mayo) y no creo que la emitieran fuera de aquí.Espero equivocarme.
    Lo más parecido a "Mareas Vivas" es "Arrayán",la cual llevan echando una eternidad en Canal Sur.

    ResponderEliminar
  2. ¿Entendiste bien el gallego así por escrito? ¿Conocías la serie? (A Tosar doy por hecho que sí, no sé si a alguno más) Yo de las autonómicas no he seguido ninguna, aunque de nombre sí me suenan la mayoría, también las que dices. Mareas Vivas sé que la doblaron al castellano, al menos la primera temporada, pero que no tuvo éxito. Es más, recuerdo haber oído aquel doblaje y era infumable. Aparte de que probablemente era una serie hecha por y para gente de aquí, puede que fuera no se entendiera igual o no tuviera la misma gracia.


    Ah! Y ya vi tu post sobre El Informal :)

    ResponderEliminar
  3. No conocía la serie mas que por la filmografía de Luis Tosar cuando estuve mirándola en imdb hace ya un tiempo.No recuerdo que la echaran en Telemadrid o en otra cadena,así a bote pronto.


    En cuanto al gallego,tengo tablas por el blog que tenía un ex-compañero mío de erasmus y lo que no entiendo lo saco por contexto.
    Se me dan bien los idiomas,al igual que a otros el punto de cruz o jugar a las canicas.jeje


    Con el post de El Informal ya puedes coger "frases hechas" e igual con el siguiente de "El orgullo del Tercer Mundo" con su famosa "Yo leo a Kierkegaard".


    Saludos.

    ResponderEliminar
  4. Pues no sé en cuál, pero en alguna autonómica la emitieron seguro y casi diría que síq eu fue en Telemadrid! La idea que tengo es que hace muchos años me coincidió en un hotel en un viaje encender la tele y encontrarme Mareas Vivas en castellano.


    Sí, sí, tomaré nota de tu post, que la cuarta parte ya está en marcha en mis ratos libres :P

    ResponderEliminar
  5. Moito me gustaba a min Mareas Vivas... Desde a sintonía do inicio ata a retranca de Currás ou o o virollo de Taracido... :-)

    ResponderEliminar
  6. Era moi divertida e entretida, das mellores que se fixeron en Galicia para o meu gusto. Moitas grazas por comentar :-)

    ResponderEliminar