Personaxes populares que aparecen en chimpíns -pequeno vehículo de labranza axeitado para traballar en pequenas fincas, segundo o seu dicionario-, proxeccións en dependencias de casas particulares, coloquios en leiras e grandes dosis de música e humor. É o Festival de Cans, no Porriño, que estes días -ao mesmo tempo que Cannes, cuxa coincidencia no nome propiciou o nacemento do evento galego- celebrou a súa décima edición. Din os que o coñecen ben que o que o diferenza do resto é que é un festival para a xente e non para a industria. Dicíao Wyoming -unha das estrelas convidadas deste ano- nun vídeo promocional con Gonzo e o di o seu director, Alfonso Pato (reproduzo ao final do post unha entrevista que tiven oportundiade de facerlle días atrás). As imaxes desta entrada fotográfica que lle quiero dedicar hoxe a Cans encárganse de corroboralo:
Este ano estableceuse o "can" como moeda do festival. |
Coloquio de Juanma Bajo Ulloa, baixo un sol de xustiza, na leira de Alicia. Criticou duramente
á industria actual, onde "non se fai cine, senón películas; e hai directores e realizadores, pero
non autores". Explicou tamén cómo se tende a victimizar á muller, motivo de que o seu proxecto dun Airbag
feminino non saíra adiante ("non querían mulleres parvas, e hainas parvas igual que hai homes que o son",
veu a explicar). Tamén aludiu a Mario Casas e María Valverde, pertencentes, dixo, ao "grupo de
actores que non saben falar". Antes, Bajo Ulloa proxectou algúns dos videoclips que
produciu nos últimos anos, entre eles, este de Pablo Carbonell:
El kalimotxo de mamá.
Imaxes correspondentes ao desfile de chimpíns no que
participaron, entre outros, Morris, Patricia Vázquez, Camila
Bossa, Manuel Manquiña ou Carlos Blanco.
participaron, entre outros, Morris, Patricia Vázquez, Camila
Bossa, Manuel Manquiña ou Carlos Blanco.
Wyoming foi aclamado ao berro de "¡presidente!". |
Lomba actuou ante un Torreiro ateigado que non o estaría menos pola noite coa actuación de El Gran Wyoming: |
O xurado estivo composto por Xabier Fortes, Juanma Bajo Ulloa, Cristina Pato, Unax Ugalde, Mara Sánchez, Patricia Vázquez e Xavier Villaverde. Fotos: Facebook do Festival de Cans. |
Fotos: Contas de Facebook e Twitter do festival. |
Relacionado:
Aquí en Alcalá "El mercado mediaval" y "Don Juan Tenorio" en Octubre,el premio Cervantes en Mayo.
ResponderEliminarEn Madrid capital San Isidro en Mayo,La feria del libro (31 May-16 Junio) y ¡La Paloma! en Agosto (distrito de Latina).Empieza a hacer menos calor y por la noche es una gozada estar en la calle con los mojitos y bailando hasta que se hace de día.
Este es un festival de cortos muy peculiar y que encandila a todos los que vienen de fuera. Este año los principales fueron Wyoming (que repetía) y Unax Ugalde. Pero otros años ya estuvieron José Sacristán, Isabel Coixet y muchos más. Aparte de los gallegos (entre ellos Tosar), claro.
ResponderEliminarY ahora cómo hago yo un post que quede la mitad de bonito que este????
ResponderEliminarJeje, exagerada!! Ninguna duda de que lo harás! :-)
ResponderEliminar