lunes, 1 de abril de 2013

Ao vento; as Fragas do Eume un ano despois

Leer en castellano

Hai un ano dediquei bastante espazo neste blog a un acontecemento que lembraba a outras traxedias ecolóxicas ocorridas máis tempo atrás en Galicia: o incendio que afectou ás Fragas do Eume un 1 de abril coma hoxe, o de 2012. Co tempo, como acontece con case todo, este feito foi caendo no esquecemento e, case sen decatarme, transcorreron xa 365 días.

Entre onte e hoxe lin algunhas reportaxes sobre que fora da zona neste tempo e as distintas versións existentes ao respecto (en concreto, recomendo esta: Fragas do Eume, Año I). A dicir verdade, non pensara en volver sobre este tema aquí. Ata que vin un documental -grazas, Víctor, por descubrirmo- deses que, aínda que non teña moito máis que engadir, gústame que teñan cabida neste espazo meu, coma, por exemplo o post Here comes the sun, que aproveito para lembrar. Hoxe tócalle a este outro:





Numerosos rostros coñecidos do ámbito cultural galego colaboran neste proxecto ideado, escrito e dirixido por Rubén Gasalla. Segundo explican na súa propia web, a intención deste proxecto é "lanzar un berro ao vento e lembrar a traxedia acontecida nas Fragas, ao mesmo tempo que chamar a atención sobre as consecuencias de descoidar aquelo que forma parte de nós". Polos "milleiros de historias escritas en cada árbore que nunca van voltar", eu tamén quixen hoxe dar desde aquí o meu berro.


Un momento do vídeo.



Tacho González, Rosa Cedrón, Luis Iglesia, Yolanda Castaño, Xabier Deive e Tamara Canosa son algúns
dos rostros coñecidos que colaboraron na rodaxe deste proxecto.



Relacionado:

-Non aprendemos (1/4/2012).
-¿Lume politizado? (2/4/2012).

No hay comentarios:

Publicar un comentario