Leer en castellano
O pasado luns, o programa da Cadena SER Hora 25 emitíase desde Cangas. E desde este municipio pontevedrés, Àngels Barceló charlaba con Fernando León de Aranoa sobre a película que este dirixiu e rodou na miña cidade (Vigo) hai agora dez años, a celebrada Los lunes al sol -Os luns ao sol- que protagonizaban, entre outros, Javier Bardem e un daquela case descoñecido -non para o público galego, que sempre o lembrará coma o xuíz de Mareas Vivas- Luis Tosar. Isto inspiroume para facer neste post un repaso polas principais cintas rodadas ou producidas en Galicia nos últimos quince anos.
As máis destacadas...
O pasado luns, o programa da Cadena SER Hora 25 emitíase desde Cangas. E desde este municipio pontevedrés, Àngels Barceló charlaba con Fernando León de Aranoa sobre a película que este dirixiu e rodou na miña cidade (Vigo) hai agora dez años, a celebrada Los lunes al sol -Os luns ao sol- que protagonizaban, entre outros, Javier Bardem e un daquela case descoñecido -non para o público galego, que sempre o lembrará coma o xuíz de Mareas Vivas- Luis Tosar. Isto inspiroume para facer neste post un repaso polas principais cintas rodadas ou producidas en Galicia nos últimos quince anos.
As máis destacadas...
Baseada no relato de Manuel Rivas A lingua das bolboretas -incluído no seu libro ¿Que me queres, amor?- , parte das escenas desta película rodáronse no ourensán municipio de Allariz, que representaba ao rural galego de 1936. É a primeira de varias películas que veremos a continuación nas que José Luis Cuerda, o seu director, escolleu Galicia como escenario das súas rodaxes. Fernando Fernán Gómez e o daquela neno Manuel Lozano eran o mestre e o seu alumno protagonistas. Acadou, alén do éxito de crítica, o premio Goya ao mellor guión adaptado máis doce nominacións adicionais, entre outros galardóns. Relación con Galicia: Localizacións: Allariz (Ourense) Actores: Manuel Lozano, Uxía Blanco, Gonzalo Uriarte, Tamar Novas, Roberto Vidal Bolaño, Tatán, Celso Bugallo, Pico, Fely Manzano, entre outros. Producción: participación da TVG. Nota IMDb: 7,4 (4.222 usuarios). |
Fernando León de Aranoa explorou a crise do naval en Vigo nesta celebrada película que encumiou tanto ao propio cineasta coma a Luis Tosar, premiados cos Goyas ao mellor director e mellor actor secundario, respectivamente. O tamén galego José Ángel Egido fíxose con este mesmo galardón na categoría de intérprete revelación e Javier Bardem na de protagonista; acadou un total de cinco Goyas (tamén mellor película e director) e outros recoñecementos coma o Ondas ou a Cuncha de Prata do Festival de San Sebastián. Relación con Galicia: Localizacións: Vigo (Pontevedra). Actores: Luis Tosar, José Ángel Egido, Celso Bugallo, Antonio Mourelos, César Cambeiro, Morris, Luis Zahera e Mónica García, entre outros. Producción: participación de Continental Producciones e TVG. Nota IMDb: 7,6 (6.534 usuarios). |
De novo baseada nun texto de ficción de Manuel Rivas, O lapis do carpinteiro estivo dirixida por Antón Reixa, que debutaba nesta función en cine. Tristán Ulloa, María Adánez e Luis Tosar daban vida aos principais personaxes. Non foi un grande exitazo, pero tampouco pasou desapercibida. María Pujalte foi candidata ao Goya á mellor intérprete de reparto e o filme obtivo recoñecemento en varios festivais. Relación con Galicia: Localizacións: A Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Vigo. Actores: Luis Tosar, Nancho Novo, María Pujalte, Manuel Manquiña, Maxo Barjas, Serxio Pazos, Monti Castiñeiras, Miguel de Lira, Gonzalo Uriarte, Celso Parada, Carlos Blanco, Manuel Lourenzo, Celso Bugallo, Luis Zahera, Antonio Mourelos, Mela Casal, Mariana Carballal, Nacho Castaño, Xavier Estévez entre outros moitos. Producción: participación de Filmanova e TVG. Nota IMDb: 5,9 ( 267 usuarios) |
MAR ADENTRO (2004)
Mar Adentro foi o exitoso resultado do proxecto de Alejandro Amenábar de levar ao cine a historia do tetrapléxico galego Ramón Sampedro. Foi merecedora do Oscar á mellor película de fala non inglesa, premio máis visible duna lista interminable onde figuran, así mesmo, os Goyas á mellor película, mellor dirección e mellores interpretacións para a práctica totalidade dos seus actores: Javier Bardem e Lola Dueñas (protagonistas), os galegos Celso Bugallo e Mabel Rivera (secundarios) e -o tamén galego- Tamar Novas e Belén Rueda (revelación). Para esta última supuxo o seu debut na grande pantalla e o inicio dunha extensa carreira neste ámbito tralos seus traballos televisivos en Médico de familia, Periodistas e Los Serrano. Un dos temas da banda sonora está interpretado por Carlos Núñez. Relación con Galicia: Lozalicazións: Noia, Porto do Son, A Coruña. Actores: Mabel Rivera, Celso Bugallo, Tamar Novas, Federico Pérez Rey, Iolanda Muíños, Xosé Manuel Esperante, Pico, César Cambeiro, Marta Larralde. Producción: participación de TVG e Filmanova. Nota IMDb: 8.0 (40.562 usuarios). |
LOS GIRASOLES CIEGOS (2008)
José Luis Cuerda escolleu novamente Galicia para levar ao cine a novela Los girasoles ciegos, de Alberto Méndez, gañadora do Premio Nacional de Narrativa de 2005. Javier Cámara, Maribel Verdú e Raúl Arévalo encabezaban un reparto con nomes galegos como José Ángel Egido e Martiño Rivas. Foi a cinta elixida para representar a España nos Oscar, se ben non resultou nominada. A lista de recoñecementos, aínda así, é enorme e inclúe o Goya ao mellor guión adaptado. Filmouse en Ourense e foi unha das películas con participación galega máis taquilleiras da historia. Relación con Galicia: Localizacións: Ourense. Actores: José Ángel Egido, Martiño Rivas, Ricardo de Barreiro, Miguel de Lira, Santi Prego, Pico, Laura Ponte. Producción: participación de A Modiño e Labarouta. Nota IMDb: 6,2 (599 usuarios)
CELDA 211 (2009)
Celda 211, rodada en Zamora pero producida pola compañía galega
Vaca Films, é o grande éxito galego máis recente. De aquí son tamén dous dos seus
actores, Luis Tosar e Luis Zahera, acompañados polo debutante Alberto Ammann, Marta
Etura e Antonio Resines. Foi un grande éxito de público e crítica, e outra desas
películas que poden presumir dunha lista de recoñecementos interminable.
O encargado de dirixila foi Daniel Monzón.
Relación con Galicia:
Actores: Luis Tosar, Luis Zahera, Ricardo de Barreiro,
Morris, Suso Lista, Xavier Estévez.
Producción: Vaca Films.
Nota IMDb: 7,7 (22.937 usuarios).
|
Tamén Almodóvar quixo amosar Galicia, principalmente Santiago, na última película estreada súa , onde traballaba novamente con Antonio Banderas -así coma con Marisa Paredes- acompañado por Elena Anaya. Tivo críticas dispares, pero tamén obtivo numerosos recoñecementos. O cineasta manchego xa localizara en Galicia algunhas escenas de La mala educación (2004). Relación con Galicia: Localizacións: Santiago de Compostela. Actores: Guillermo Carbajo, Sheyla Fariña. Nota IMDb: 7,6 (48.927 usuarios) |
O éxito da animación...
No que ao cine producido en Galicia se refire, a animación ocupou un lugar moi destacado. O bosque animado, de Dygra Films e dirixida por Ángel de la Cruz, foi a primeira cinta galega en acadar o Goya á mellor longa de ficción -ao que sumou o da mellor canción para Tu bosque animado, que interpretaba Luz Casal-. Este mesmo premio recibiríano O soño dunha noite de San Xoán -de novo baixo a dirección de de la Cruz e producida por Dygra- no 2005 e Enrugas -dirixida por Ignacio Ferreras, producida por Perro Verde e que engadiu a este o premio ao mellor guión adaptado para De la Cruz, Ferreras, Paco Roca e Rosanna Cecchini-
este mesmo ano. Enrugas recibiu así mesmo moitos outros recoñecementos
nacionais e internacionais, converténdose nun auténtico exitazo.
Donkey Xote (2007), de Bren Entertainment e dirixida por Jose Pozo, estivo nominada
ao Goya na mesma categoría que as anteiores, aínda que finalmente non puido traelo a Galicia.
Para a próxima edición será a quenda de O Apóstolo, unha cinta de Artefacto Producciones que se atopa actualmente nas salas tras ter colleitado moi boas críticas e premios en festivais internacionais. Sin embargo, o seu director Fernando Cortizo denunciou publicamente do maltrato recibido por este traballo e a súa escasa distribución. Tráilers: O bosque animado / O soño dunha noite de San Xoán / Donkey Xote / Enrugas / O Apóstolo |
-SÉ QUIÉN ERES - SEI QUEN ES (Patricia Ferreira, 2000). Continental Producciones. Con Miguel Ángel Solá, Roberto Enríquez, Ana Fernández, Mercedes Sampietro, Ingrid Rubio e os galegos Manuel Manquiña, Luis Tosar, María Bouzas, Gonzalo Uriarte, Mónica García, Farruco, Carlos Blanco, Luis Zahera E Mela Casal, entre outros. -LENA ( Gonzalo Tapia, 2001). Portozás Visión. Protagonizada polos galegos Marta Larralde -no seu debut como actriz- e Manuel Manquiña, acompañados doutros actores autóctonos coma Tosar, Zahera , Avelino González, Miro Magariños ou Josito Porto, máis foráneos coma Roberto Álvarez, Iván Hermés ou Israel Rodríguez. Vigo é o escenario deste proxecto. -TRECE CAMPANADAS - TRECE BADALADAS (Xavier Villaverde, 2002). Continental Producciones. Con Juan Diego Botto, Marta Etura, Elvira Mínguez, Laura Mañá eos galegos Luis Tosar, Gonzalo Uriarte, Ernesto Chao, Iolanda Muíños, Mariana Carballal e Rosa Álvarez, entre outros. A rodaxe desenvolveuse en Santiago de Compostela, onde se ambientaba a novela de Suso de Toro na que se basea. -EL AÑO DE LA GARRAPATA - O ANO DA CARRACHA (Jorge Coira, 2004). Filmanova. Con Félix Gómez, Verónica Sánchez, Víctor Clavijo e os galegos María Vázquez, Javier Veiga, Camila Bossa, Mela Casal, Celso Parada, Rosa Álvarez e Manuel Millán, entre outros. Rodada integramente en Galicia, principalmente na cidade de Lugo. -HEROÍNA (Gerardo Herrero, 2005). Continental Producciones. Con Adriana Ozores, Javier Pereira e os galegos Carlos Blanco, María Bouzas, Luis Iglesia, César Cambeiro, Camila Bossa, Tatán, Rosa Álvarez, Daniel Currás e Tamara Canosa, entre outros. Narra a historia de Carmen Avendaño e foi gravada en Vigo, cidade desta nai de dous fillos toxicómanos coñecida pola súa loita contra as drogas a través da asociación Érguete. -UN FRANCO, 14 PESETAS (Carlos Iglesias, 2006). Adivina Producciones. Con Carlos Iglesias, Nieve de Medina, Iván Martín e os galegos Isabel Blanco e Javier Gutiérrez entre outros. A segunda parte, na que repiten director e os principais actores, leva por título ¿Como está el franco? e a súa estrea está prevista para o vindeiro ano 2013. Tráilers: 13 badaladas, Sé quién eres / El año de la garrapata / Heroína / Un franco, 14 pesetas |
-MIA SARAH (Gustavo Ron, 2006). Castelao Producciones. Con Daniel Guzmán, Verónica Sánchez, Fernando Fernán Gómez, Diana Palazón, Marta Solaz, Bárbara Goenaga e os galegos Manuel Lozano, Víctor Mosqueira, Manuel Millán e María Blanco-Fafián, entre outros. Rodada na Coruña. -DÍAS AZULES - DÍAS AZUIS (Miguel Santesmases, 2006). Con Óscar Jaenada, Javier Pereira, Javier Ríos e os galegos Marta Larralde, Celia Freijeiro, María Castro, Cristina Castaño, Denis Gómez, Xosé A. Touriñán e Tamara Canosa entre outros. Rodada e ambientada en Ferrol. -PRADOLONGO (Ignacio Vilar, 2008). Vía Láctea Films. Reparto íntegramente galego encabezado por Tamara Canosa, Rubén Riós e Roberto Porto. Participan tamén Mela Casal, Gonzalo Rei Chao, Antonio Mourelos, Pepo Suevos, Marcos Viéitez e Belén Constenla, entre outros. Rodada en localizacións -comarca de Valdeorras, Ourense- e en lingua galegas. Páxina oficial. -LA NOCHE QUE DEJÓ DE LLOVER - A NOITE QUE DEIXOU DE CHOVER (Alfonso Zarauza, 2008). Perro Verde. Con Fede Celada, Macarena Gómez, Eduard Fernández, Mercedes Sampietro e os galegos Luis Tosar, Camila Bossa, Chete Lera, Luis Zahera e Miguel de Lira, entre outros. Desenvólvese en Santiago de Compostela. -AGALLAS (Andrés Luque, Samuel Martín Mateos; 2009). Con Hugo Silva, Carmelo Gómez e os galegos Carlos Sante, Isabel Blanco, Alfonso Agra, Xavier Estévez, Celso Bugallo, e Mabel Rivera, entre outros. Os seus escenarios galegos correspóndense coa cidade da Coruña e municipios próximos. Páxina oficial. Tráilers / vídeos: Mia Sarah / Días azules / Pradolongo / La noche que dejó de llover / Agallas / |
-AL FINAL DEL CAMINO (Roberto Santiago, 2009). Con Malena Alterio, Fernando Tejero, Cristina Alcázar, Irene Escolar e o galego Javier Gutiérrez, entre otros. Ambientada e rodada no Camiño de Santiago e na propia capital galega. -LOS MUERTOS VAN DEPRISA -OS MORTOS VAN ÁS PRÉSAS (Ángel de la Cruz, 2009). Perro Verde / Artemática. Conta cun reparto maioritariamente galego coa excepción principal de Neus Asensi. Acompañábana Chete Lera, Manuel Manquiña, Belén Constenla, Sergio Bermúdez, María Castro, Pico, Gonzalo Uriarte, Berta Ojea, Rosa Álvarez, Morris, Antonio Mourelos e Ernesto Chao, entre outros. Gravada en Ribadeo e Rinlo (Lugo). -18 COMIDAS (Jorge Coira, 2010). Participación de TVG na produción. Con Esperanza Pedreño, Víctor Clavijo, Sergio Peris Mencheta, Cristina Brondo e os galegos Luis Tosar, Federico Pérez Rey, Víctor Fábregas, Pedro Alonso, Camila Bossa, Nuncy Valcárcel, José Barato, Isabel Naveira e María Vázquez, entre outros. Rodada en galego e en localizacións desta comunidade. Sitio oficial. -VILAMOR (Ignacio Vilar, 2012). Vía Láctea Filmes. Reparto íntegramente galego no que figuran Sabela Arán, Rubén Riós, Tamara Canosa, Santi Romay, Mayka Braña, Marcos Pereiro, Manuel Lourenzo entre outros moitos. Localizacións galegas: Negreira de Muñiz, A Fonsagrada e Cervantes, todos en Lugo. Páxina oficial. -EL SEXO DE LOS ÁNGELES (Xavier Villaverde, 2012). Coprodución galega que conta coa participación de TVG. Protagonizada por Álvaro Cervantes, Astrid Bergès-Frisbey e Llorenç González, non ten actores galegos no seu elenco. Web. Tráilers: Al final del camino / Los muertos van deprisa / 18 comidas / Vilamor / El sexo de los ángeles
É o que vén...
Este mesmo ano gravábase na Coruña a primeira longa do director vigués
Alejandro Marzoa. Somos gente honrada está protagonizada, entre outros,
ou Miguel de Lira. Este último foi un dos protagonistas da curta debut de
Marzoa, a gran Temporada 92-93 que tamén quería que
tivese o seu oco neste post:
Todo es silencio pódese ver actualmente nos cines. É o último de José Luis
Cuerda, novamente rodado en Galicia, neste caso na Coruña. Miguel Ángel Silvestre,
polos galegos Celia Freijeiro, Luis Zahera e Chete Lera, entre outros.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario