Leer en castellano
O Concello de Chantada (Lugo) -onde están as miñas orixes por parte de nai- celebra cada ano o seu Folión de Carros, un evento que foi declarado de Interese Turístico pola Xunta de Galicia no ano 2002. Ten lugar o sábado das festas patronais -neste caso, onte, día 25- e consiste nunha mostra da etnografía popular: os distintos oficios -carpinteiros, zoqueiros, labores do campo-, festexos, a vestimenta, a alimentación, o papel da Igrexa... En definitiva, a vida da comarca recreada con moito humor sobre carros tirados por bois, sendo este ano un total de 16 os que desfilaron polas rúas da localidade. Esta tradición ten as súas orixes na Idade Media e viuse interrompida unicamente con motivo da Guerra Civil. Ano tras ano segue a súa consolidación, convertida xa nun reclamo para un número crecente de visitantes e unha iniciativa na que o pobo se volca cada ano:

No hay comentarios:
Publicar un comentario