viernes, 5 de octubre de 2012

Feijoo, o seu propio peor inimigo

Leer en castellano

Cando hai uns días tiven coñecemento da existencia da web feijoo2012.com e vin o seu contido, pensei que se trataba dun hackeo. Souben dela por Twitter, e xa ía advertida de que, polo menos naqueles intres, o que alí atoparía non respondía ao que un pode agardar nestes casos -propaganda electoral a favor de Feijoo, exaltación das súas virtudes, etc., etc., etc.-.

Pero precisamente o que máis me sorprendeu é que non se trataba de ningún hackeo, era consecuencia da falta de previsión do Partido Popular, ao que non se lle ocorreu -ou  polo menos, remítome aos feitos, non o fixo- mercar ese dominio antes de que se lle adiantasen outras persoas -nin idea da súa identidade- que o empregan para deixalo en evidencia. Un erro maiúsculo se temos en conta que o usuario de Twitter do presidente en funcións e candidato á Xunta, Alberto Núñez Feijoo, é @Feijoo2012 e que xa na anterior campaña usara o "Feijoo 2009".


O equipo de Feijoo non rexistrou o dominio Feijoo2012

O equipo de Feijoo non rexistrou o dominio Feijoo2012

O equipo de Feijoo non rexistrou o dominio Feijoo2012

O equipo de Feijoo non rexistrou o dominio Feijoo2012
Distintas capturas do sitio do que estou a falar.


Nada máis entrar na web, un asústase cun audio de Feijoo asegurando que, en caso de decepcionar ao pobo galego -niso haberá división, evidentemente- e de non mellorar os resultados de Galicia -aspecto xa menos discutible, se ben a herdanza recibida e a crise ("crisi" [sic] para el e maila maioría dos políticos galegos) de Zapatero*, serven para xustificalo todo, semella-, non pediría unha segunda oportunidade. O sitio recolle, ademais, estatísticas destes tres anos e medio longos de goberno, as contradicións do presidente e todo tipo de información que pretende desmontar ao candidato popular.


Se hoxe introducimos en Google "Feijoo 2012", xunto ou separado, esta web aparece, loxicamente, nos primeiros postos. Un erro simple que probablemente non inflúa o máis mínimo no resultado dos comicios, pero que ben podería ter convertido a Feijoo no seu propio peor inimigo.


-Actualización 6/10/2012: O mesmo que contaba aquí co dominio Feijoo2012 aconteceu tamén co lema de campaña do Partido Popular de Galicia. Esta é a web galiciaprimeiro.com:


O equipo de Feijoo tampouco rexistrou o seu lema de campaña

O equipo de Feijoo tampouco rexistrou o seu lema de campaña

O equipo de Feijoo tampouco rexistrou o seu lema de campaña


*Onte transcendía, por ser o protagonista o concursante do exitoso espazo de Telecinco La Voz Miguel Kocina, como a política deputada por Asturias Pilar Fernández Pardo e mailo cantante interpretaban nun mitin do PP o ano pasado unha versión do tema Nada fue un error de Coti, onde cambiaban a letra para dicir "Zapatero fue un error". Lembreime ao falar da "herdanza recibida" e non quería deixar de compartir aquí semellante documento audiovisual:



4 comentarios:

  1. Increasingly folks are adopting this method which they're finding quite straightforward to practice.

    Here is my homepage - atlanticarea.Ccdr-N.pt

    ResponderEliminar
  2. Fundamentally the flex belt is a belt you strap on about your waist and 3 especially placed pads
    are what support contract your abs.

    Feel free to surf to my web page - flex belt Discount

    ResponderEliminar
  3. In that respect, this item does function or at the very least does not
    make untrue claims.

    My web page ... Flex Belt Discount

    ResponderEliminar
  4. This scan instrument package expenses all around
    $150. You hardly ever know what kind of bargains may lie driving this link.


    Feel free to surf to my webpage :: http://www.treff.kilu.de/link/2975

    ResponderEliminar