Leer en castellano
Cando hai uns días tiven coñecemento da existencia da web feijoo2012.com e vin o seu contido, pensei que se trataba dun hackeo. Souben dela por Twitter, e xa ía advertida de que, polo menos naqueles intres, o que alí atoparía non respondía ao que un pode agardar nestes casos -propaganda electoral a favor de Feijoo, exaltación das súas virtudes, etc., etc., etc.-.
Pero precisamente o que máis me sorprendeu é que non se trataba de ningún hackeo, era consecuencia da falta de previsión do Partido Popular, ao que non se lle ocorreu -ou polo menos, remítome aos feitos, non o fixo- mercar ese dominio antes de que se lle adiantasen outras persoas -nin idea da súa identidade- que o empregan para deixalo en evidencia. Un erro maiúsculo se temos en conta que o usuario de Twitter do presidente en funcións e candidato á Xunta, Alberto Núñez Feijoo, é @Feijoo2012 e que xa na anterior campaña usara o "Feijoo 2009".

Distintas capturas do sitio do que estou a falar. |
Nada máis entrar na web, un asústase cun audio de Feijoo asegurando que, en caso de decepcionar ao pobo galego -niso haberá división, evidentemente- e de non mellorar os resultados de Galicia -aspecto xa menos discutible, se ben a herdanza recibida e a crise ("crisi" [sic] para el e maila maioría dos políticos galegos) de Zapatero*, serven para xustificalo todo, semella-, non pediría unha segunda oportunidade. O sitio recolle, ademais, estatísticas destes tres anos e medio longos de goberno, as contradicións do presidente e todo tipo de información que pretende desmontar ao candidato popular.
Se hoxe
introducimos en Google "Feijoo 2012", xunto ou separado, esta web
aparece, loxicamente, nos primeiros postos. Un erro simple que probablemente
non inflúa o máis mínimo no resultado dos comicios, pero que ben podería ter
convertido a Feijoo no seu propio peor inimigo.
-Actualización 6/10/2012: O mesmo que contaba aquí co dominio Feijoo2012 aconteceu tamén co lema de campaña do Partido Popular de Galicia. Esta é a web galiciaprimeiro.com:
*Onte transcendía,
por ser o protagonista o concursante do exitoso espazo de Telecinco La Voz
Miguel Kocina, como a política deputada por Asturias Pilar Fernández Pardo e
mailo cantante interpretaban nun mitin do PP o ano pasado unha versión do tema
Nada fue un error de Coti, onde cambiaban a letra para dicir "Zapatero fue
un error". Lembreime ao falar da "herdanza recibida" e non
quería deixar de compartir aquí semellante documento audiovisual:
Increasingly folks are adopting this method which they're finding quite straightforward to practice.
ResponderEliminarHere is my homepage - atlanticarea.Ccdr-N.pt
Fundamentally the flex belt is a belt you strap on about your waist and 3 especially placed pads
ResponderEliminarare what support contract your abs.
Feel free to surf to my web page - flex belt Discount
In that respect, this item does function or at the very least does not
ResponderEliminarmake untrue claims.
My web page ... Flex Belt Discount
This scan instrument package expenses all around
ResponderEliminar$150. You hardly ever know what kind of bargains may lie driving this link.
Feel free to surf to my webpage :: http://www.treff.kilu.de/link/2975