jueves, 25 de julio de 2013

Galicia de loito

Hoxe é o Día de Galicia, 25 de xullo, festividade de Santiago Apóstolo. Pouco antes das nove da noite de onte descarrilaba un tren nas proximidades da capital galega, desencadeando unha das peores traxedias ferroviarias das últimas décadas, con máis de 77 falecidos (35 nos intres de publicar este post; as cifras foron medrando pouco a pouco de xeito arrepiante mentres comezabamos a ver as primeiras imaxes do acontecido, desde as "polo menos catro" ao dato actual). Creo que fomos moitos os galegos que tivemos a sensación de que podíamos ter estado alí dentro, que fixemos ese percorrido ou similares en moitísimas ocasións.



Colas para donar sangre, accidente Alvia Santiago
Colas en Santiago de Compostela para doar sangue. Foto: @marcosesperon.




En datas coma estas adoito facer posts especiais que teñan algo que ver con Galicia (hai xusto un ano, cancións galegas). Hoxe só quero reservar un espazo de solidariedade por esta traxedia. Precisamente, vou fuxir desas imaxes horribles -algunhas inevitables, doutras non diría o mesmo- e mais de comentar a actitude dalgúns medios que minimizaron a importancia do ocorrido e quero quedar coa mellor cara que deixou o drama -imaxe superior-: a grande resposta da cidadanía, que acudiu en masa a doar sangue en canto se soubo que se precisaba.

(Debaixo, tradución ao castelán)





------------------------------------------------------------------------------------------------------------

(Traducción al castellano)

Hoy es el Día de Galicia, 25 de julio, festividad de Santiago Apóstolo. Poco antes de las nueve de la noche de ayer descarrilaba un tren en las proximidades de la capital gallega, desencadenando una de las peores tragedias ferroviarias de las últimas décadas, con más de 77 fallecidos (35 en el instante de publicar este post; las cifras fueron creciendo poco a poco de manera escalofriante mientras comenzábamos a ver las primeras imágenes de lo acontecido, desde las "al menos cuatro" al dato actual). Creo que fuimos muchos los gallegos que tuvimos la sensación de que podíamos haber estado allí dentro, que hicimos ese recorrido o similares en muchísimas ocasiones.

En fechas como estas suelo hacer posts especiales que tengan algo que ver con Galicia (hace justo un año, canciones gallegas). Hoy solo quiero reservar un espacio de solidaridad por esta tragedia. Precisamente, voy a huir de esas imágenes horribles -algunas inevitables, de outras no diría lo mismo- y de comentar la actitud de algunos medios que minimizaron la importancia de lo ocurrido, y voy a acabar con la mejor cara que dejó el drama: la gran respuesta de la ciudadanía, que acudió en masa a donar sangre en cuanto se supo que se necesitaba.

No hay comentarios:

Publicar un comentario