Este é un post moi moi breve para compartir aquí un vídeo curioso correspondente a un spot da Xunta de Galicia con motivo do Día da Familia que, non sei desde cando, pero resulta que é hoxe. Limítome a trancribir o que di, e déixovolo para que vexades e xulguedes. A maiores, unha única reflexión a raíz da mensaxe que nos queren transmitir: Se só gastan no importante, ¿de verdade era necesario investir cartos en semellante contido audiovisual? O de que non fan nada que eu non faría é moito dicir...
"Non gastar máis do que se ten"
"Dar a quen máis o necesita"
"Centrarse no verdadeiramente importante"
"Temos o mellor modelo do que aprender, as familias galegas"
"Non facemos nada que ti non farías"

.jpg)
