Gústame conmemorar aquí o
Día das Letras Galegas que se celebra hoxe do meu xeito particular. Hai dous anos con
este post, e
hai un con este outro. Nesta ocasión vou repasar unha serie de termos e expresións galegos que se usan en castelán. É unha mostra da convivencia das dúas linguas, ata o punto de que nalgúns casos os galegos levamos grandes sorpresas cando sabemos que certas palabras que sempre utlizáramos en castelán non existen nesa lingua. É, pois, un post a modo de curiosidade (non de crítica nin de
talibán da lingua -ou quizais si...-). Non descarto que haxa casos que cumpren esta premisa sen que eu teña aínda coñecemento.
|
Collo prestada esta ilustración con palabras galegas (de todo
tipo, que non responden ao tema deste post) desta páxina web. |
Nota 1: Por suposto, tamén no galego se cometen erros por influencia do castelán (en ningún momento pretendo criticar ao galego, todo o contrario, por se houbera calquera dúbida). E non por iso deixa de ser enriquecedora a convivencia de dúas linguas. A quen si critico é as persoas que renegan do galego e logo utilizan algunhas destas formas descoñecendo a súa procedencia.
Nota 2: Os encabezamentos son as palabras ou expresións galegas correctas. Algunhas introdúcense tal cal en castelán e outras adaptadas (caso, por exemplo de "non colle", pois o que se di é "no coge").