Con dous anos de blog ás miñas costas, cada vez vou notando máis que teño unha especie de "arquivo" persoal para enlazar temas que xa tratei e non repetirme. Pero xa comentei por aquí outra vez que, á marxe disto, teño outro arquivo propio un tanto peculiar que ás veces semella un antecedente deste espazo, na medida en que me servía para escribir o que me petaba: as revistas e xornais manuscritos que facía durante anos, con recortes dos moitos xornais que sempre abundaron na miña casa (vén de lonxe o tema do xornalismo) e rotuladores de cores.
Cando se produciu a catástrofe do Prestige eu tiña quince anos e ó longo de aquel 2002 fixen un anuario (máis de 260 páxinas, o resto si teñen texto e bastante, aínda que as que vou compartir sexan só fotos practicamente) no que incluín moito espazo dedicado a aquel tema que me impactara como nos aconteceu a todos. E hoxe, que se cumpren once anos, que se fixo pública unha sentenza irrisoria, quero recorrer a aquelas páxinas que gardo con moito agarimo (aínda que me dá tamén un pouco de pudor compartilas, todo hai que dicilo). Sen engadir moito máis, por aquilo de que as imaxes falan:
![]() |
| O punto de partida da catástrofe. |
