A maioría das entradas neste blog teñen moito de crítica e queixa. Hoxe fago unha
excepción para falar do desfile que abría na tarde de onte un
Entroido, o
vigués, que, sen ser dos máis populares, merece tamén recoñecemento. Máis de 2.000 persoas repartidas en 32 comparsas desfilaron ao ritmo da música. Mención especial para o
Ai se eu te pego, que a falta de ser canción do verán pola súa época de lanzamento, converteuse sen dúbida no tema do noso
Carnaval -con permiso da que si foi canción do verán,
Danza Kuduro-, soando en varias comparsas.