tag:blogger.com,1999:blog-5645330743095096557.post4872152674727044059..comments2023-09-21T15:31:40.287+02:00Comments on Palabras a punto: Fuxindo da fábrica de monstrosMíriam Vázquez Fragahttp://www.blogger.com/profile/00310141427099495963noreply@blogger.comBlogger2125tag:blogger.com,1999:blog-5645330743095096557.post-47299032430831485952013-10-04T10:18:33.398+02:002013-10-04T10:18:33.398+02:00Paréceme moi necesario ser críticos, pero en absol...Paréceme moi necesario ser críticos, pero en absoluto nos termos en que ela o fai, cunha xeneralización a todo un colectivo ao que descalifica sen distincións e con termos realmente duros. Aparte de que a súa decisión de non dar clase na facultade atópoa ata infantil, por todo o que digo enriba (resumindo: "eu marcho, que non me vaia salpicar, que non se me relacione con iso") e porque mostra un gran descoñecemento do que se alí se ensina.

Casos coma este sacan o peor do xornalismo, pero tamén é o que a xente máis le e ten máis visibilidade. Isto non xustifica o morbo e demais, o que quero dicir é que hai moitas reportaxes, artigos e traballo ben feito todos os días que á maior parte da xente non lle interesan. Así, o que ten visibilidade e co que queda a opinión pública é coa parte mala que, como digo, é máis visible. Pero unha profesional que é docente e que traballa na facultade non debera simplificar tanto as cousas: "mentirosos, morbosos, manipuladores...". O que critico dela son as formas.

Se les o comunicado da facultade e do colexio, é moi crítico tamén. Pero faino doutra maneira, para min, moito máis atinada.miriamvfnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5645330743095096557.post-23739431070831459622013-10-04T09:39:39.545+02:002013-10-04T09:39:39.545+02:00Non me vou meter na vosa profesión nin na vosa fac...Non me vou meter na vosa profesión nin na vosa facultade, pero eu creo que o que dixo é importante. Primeiro non creo que vaia contra os xornalistas, senón contra quen os dirixe. Aínda que non o di expresamente, eu entendo que son moi significativas e importantes as partes de "os obrigana a facer" e "va converter". Eu entendo que bota toda a responsabilidade enriba de quen manda nos xornalistas e fai que estes fagan un mal xornalismo. Segundo, creo que é importantísima a súa denuncia, así coma outras que saíron tamén de dentro do mundo profesional en cuestión. Os xornalistas con traballo teñen moi complicado alzar a voz en contra do que teñen que facer. Ti mesma criticas moitos programas da TVE, algúns con traballo xornalístico detrás, e non creo que a maioría dos xornalistas que se ven envoltos no sensacionalismos queiran facer o seu traballo así.

Penso que tes moita razón en que unha forma de evitar isto é educando na facultade, pero precisamente creo que ela se percata que o problema non está aí e, seguramente, iso de pedir dar clases noutra facultade non é outra cousa que facer presión para que a facultade de xornalismo tome medidas no asunto. E eu creo que son necesarias. Unha asociación de xornalistas, non recordo cal, xa dixo que hai anos que está listo un borrador para facer unha lei de ética para xornalistas que pretende evitar titulares como os vistos co accidente de Santiago e co tema de Asunta.

Dis que se nestes anos non viu ningún erro xornalístico... Seguro que moitos. Pero o problema é que nestes momentos a grado de sensacionalismo no xornalimo español é tal, que case non existe xornalismo serio. E por isto co tema de Asunta saltaron, POR FIN, todas as alarmas, e seguramente esta prefosora só quere prender unha mecha para cambiar as cousas e voltar a un xornalismo de calidade.VíctorT.noreply@blogger.com